Dinamización Xuvenil

A Concellería de Xuventude de Vigo dispón de tres espazos propios (Casa da Xuventude, Punto Xove e Vigosónico) nos que os mozos e mozas ata 30 anos son os protagonistas.

En cada un dos espazos lévanse a cabo múltiples actividades: as organizadas por parte dos propios usuarios/as, as realizadas por asociacións ou colectivos xuvenís cando solicitan salas, e as ofertadas por cada un dos espazos xuvenís. En conxunto disponse dun amplo abano de actividades lúdicas para múltiples pefís xuvenís e, sobre todo, facilítase un espazo para estar de balde e coñecer xente.

Para participar nestas actividades é requisito imprescindible dispór do carné de Xuventude Vigo (ver Requerimentos para obter o carné) e respectar as normas de funcionamento dos espazos de xuventude (ver Normas dos espazos de xuventude).

Como metodoloxía de traballo, en cada período de programación establécense xunto cos usuarios/as as actividades a celebrar no período (p.e: campionatos de videoconsola ou de futbolín, obradoiros, quedadas, etc), que se engaden as incluídas nas programacións dos respectivos espazos. O resultado vaise publicando nas carteleiras dos respectivos espazos xuvenís.

Xogando ás cartas en punto xove

dinamizacionxuvenil_1

Campionato de futbolín en Casa da Xuventude

dinamizacionxuvenil_2

Xornadas Asociación Xuvenil Freak

dinamizacionxuvenil_3

Actividade Asociación Xuvenil Arcadia

dinamizacionxuvenil_4
Logotipo cabecera