Horta escola

Horta-004A Concellería de Xuventude participa no programa de educación medioambiental Camiño a Camiño promovido pola Concellería de Medio Ambiente, que ten como obxectivo a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. Nel combínanse percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra e por Galicia, con voluntariado medioambiental, con hortas escola e con actividades divulgativas e formativas.

A Horta-escola da Casa da Xuventude forma parte da rede de hortas-escola do Concello de Vigo, e nela realízanse accións formativas de iniciación ás hortas ecolóxicas e alimentación saudable para os máis novos.

Logotipo cabecera