Información Xuvenil (OMIX)

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Casa da Xuventude de Vigo presta os servizos de información á mocidade no concello de Vigo atendendo aos requirimentos da lexislación de xuventude de Galicia. Ademais presta servizos especializados de asesoría en materia de emprego, ocio e tempo libre,  estudantes, asociacionismo,  voluntariado europeo e temáticas que en cada momento resultan de interese para os mozos e mozas (garantía xuvenil, etc).

A estratexia de información xuvenil da OMIX de Vigo pivota sobre a información presencial e a información virtual.

a) Na información presencial, os/as técnicos/as de información xuvenil atenden a diario nas oficinas da Casa da Xuventude, en horario de mañá e tarde, as demandas de información, facendo se o require o caso, o asesoramento oportuno.

Tamén se conta cos taboleiros de información xuvenil nos que se realiza unha selección das novas de maior interese. Complementariamente a estes servizos, disponse de información nos taboleiros do Punto Xove e de Vigosónico.

Todos os anos académicos realizase unha campaña de difusión de información xuvenil por centros de secundaria de Vigo, no que solicitan unha charla de información xeral ou charlas específicas segundo a oferta anual.

Na Casa da Xuventude tamén se realizan charlas de información xuvenil a demanda de colectivos, asociacións ou centros de ensino.

b) Na información virtual, traballase sobre a web da Concellería de Xuventude, sobre as redes sociais e sobre o boletín periódico denominado VIX (Vigo Información Xuvenil).

  • Na web disponse de microsites específicos para as principais áreas de información (emprego, cursos e obradoiros, estudantes e ocio e tempo libre) e paulatinamente vanse incorporando novos espazos para áreas como asociacionismo, voluntariado, etc.
  • Nas redes sociais (facebook, twitter, instagram) dase difusión a información máis relevante, ao igual que no VIX (Vigo Información Xuvenil), que reciben todos aqueles xóvenes interesados que se subscriban.

Algúns dos temas máis solicitados nos servizos de información xuvenil teñen que ver con: ofertas de emprego e, particularmente, coa estratexia de garantía xuvenil; cursos de formación e obradoiros; carnés con beneficios para xóvenes; becas e alternativas de formación profesional; como constituír unha asociación xuvenil; como participar en programas de voluntariado europeo; listados de empresas de sectores activos; etc.

Carné Xove

Na Casa da Xuventude e no Punto Xove tramítase a expedición do Carné Xove, realizando a xestión completa do mesmo: entrega de documentación, recollida dos formularios e expedición no momento do carné.

Logotipo cabecera