Locais de ensaio e gravación

Vigosonico-Concerto1A Concellería de Xuventude de Vigo conta con Vigosónico como espazo adicado especificamente á promoción de grupos musicais xuvenís e outras expresións artísticas promovidas por xóvenes.

O centro dispón de 5 salas de ensaio musical (con batería, amplificadores, microfonía, mesa de misturas), 2 cabinas de formación e 1 estudio de gravación para a aprendizaxe e realización de traballos de gravación, así como unha sala multiusos para a celebración de concertos, obras de teatro, xornadas, etc.

Para solicitar unha sala de ensaio en Vigosónico é preciso cubrir o correspondente formulario (ver Ficha de inscrición de Salas de ensaio) e respectar as normas de funcionamento dos espazos de xuventude.

En Vigosónico, ademáis desenvólvese unha programación permanente de actividades de ocio e deporte ao aire libre, así como de formación.

Vigosonico-SalaEnsaioVigosonico-SalaGravación

 

Logotipo cabecera