Subvencións Xuventude Vigo

O obxecto das subvencións  é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozos e mozas, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2016. A cantidade máxima destinada a estas subvencións será a de 7.000 €.

Poderán solicitar e obter estas axudas :

a) Asociacións xuvenís e/ou entidades xuvenís sen ánimo de lucro inscritas  no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo

b) Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/as* –100% da xunta directiva

c) Grupos de mozos/as non constituídos como asociación

O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 30 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO del 21 xuño 2016. A instancia de solicitude será asinada polo representante legal da entidade peticionaria e presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo

 

Premer aqui

Untitled-2

Logotipo cabecera