Cesión de Espazos – contenido anterior

Unha sala situada no segundo andar da Casa da Xuventude cunha amplitude suficiente para realizar actividades con carácter multiuso. Equipada con mobiliario básico para formación e outras actividades de reunión a desenvolver por parte de grupos ou colectivos que a soliciten, preferentemente do Municipio de Vigo.

A sala pódese solicitar para unha sesión ou varias, pero non de xeito permanente.
a quen está dirixido

Para calquera persoa ou colectivo interesado con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos. Preferentemente do Municipio de Vigo.

como facelo

Por internet: cúbrese o formulario anexo e remítese a xuventude@vigo.org á atención de Sala de reunións.
Posteriormente, considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Presencialmente: cubrirase o formulario anexo e presentarase na Casa da Xuventude. Posteriormente, considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Por correo: cubrirase o formulario anexo e remitirase a Casa da Xuventude. Posteriormente, considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
prazos

Daremos unha resposta nun máximo de 48 horas dende a recepción da solicitude.

Descarga: SOLICITUDE SALA DE REUNIÓNS CASA DA XUVENTUDEPDF

Logotipo cabecera