Síntome ben

InformaciónSixVigo-005Síntome Ben é un servizo de asesoramento nutricional e de hábitos saudables froito da colaboración entre as Concellerías de Xuventude e de Medio Ambiente do Concello de Vigo, que se presta na Casa da Xuventude.

Os servizos que se prestan en Síntome Ben para a cidadanía viguesa son:

  • Medición da masa corporal e avaliación dos resultados con recomendacións prácticas de actividades físicas.
  • Obradoiros de nutrición.
  • Charlas-coloquio sobre hábitos alimenticios e de saúde en xeral.
  • Actividades formativas e de tempo libre relacionadas con hábitos saudables.

Requirimentos do servizo:

a) Cita previa no teléfono: 986 294 806 ou presencialmente na Casa da Xuventude.

b) Horario para atención con cita previa: Martes e Xoves de 10:00 a 14:00  e de 17:00 a 20:00 horas.

c) Horario para accións formativas: a determinar segundo o colectivo ou entidade solicitante.

Logotipo cabecera