Voluntariado Europeo

O Servizo Voluntario Europeo enmárcase dentro do programa Erasmus+ e está dirixido a mozos/as de 18 a 30 anos residentes ou con nacionalidade española. Non te pedirán ningún requisito máis.

É unha experiencia de aprendizaxe non formal e voluntariado a desenvolver noutro país!

Podes participar en proxectos de 2 a 12 meses colaborando con entidades e organizacións nas súas actividades e con temáticas moi variadas como medio ambiente, traballo con persoas maiores, infancia, actividades culturais, protección animal, persoas con discapacidade e unha infinidade de interesantes propostas!

O programa cubre a viaxe, aloxamento, manutención, cartos de peto, seguro complementario a tarxeta sanitaria europea, transporte local (si fose necesario), formación lingüística (por unha plataforma online) e todo o apoio persoal e trámites administrativos.

Bota unha primeira ollada en: http://erasmusplus.injuve.es/acciones/voluntariadoeuropeo/

Logo esperámoste na Casa da Xuventude para asesorarte nos trámites para participar no Servizo Voluntario Europeo, os martes e mércores de 17.30h a 19.30h ou contactando por correo electrónico ariadna.navarro@abertal.org

 

 

Logotipo cabecera