Son Voluntaria/o nos festivais de Nigrán e da Ribeira Sacra

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado oferta as seguintes prazas de voluntariado dentro do programa Son Voluntaria/o:

17 º Festival Ribeira Sacra
Datas:  2 fins de semanas: o 19 e 20 de xullo e o 26 e 27 de xullo.
26 prazas

Festival Vive Nigrán
Datas: do 18 ao 20 de xullo.
12 prazas

As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Se hai máis solicitudes que prazas, estas persoas pasarán a unha lista de agarda.

Requisitos
• Ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive (enviar fotocopia do D.N.I a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).
• Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia (enviar certificado de empadroamento a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).

Actividades a realizar polas persoas voluntarias
• Dar información de interese sobre os servizos que ofrece o festival (zona de comida, acampada, lugar dos WC…).
• Facilitar a circulación de persoas dentro do recinto do festival, sobre todo naqueles puntos de maior concentración, ofrecendo información acerca doutras posibles solucións ou prestando apoio ao persoal da organización.
• Realización, de ser o caso,de actividades de sensibilización medioambiental e de integración co territorio, co fin de promover entre o público asistente a reciclaxe, así como unha consciencia sobre a necesidade de manter limpa a contorna.

Máis información en http://www.voluntariadogalego.org

Logotipo cabecera