Subvención acceso ao estadio de Balaídos

futbolO obxecto da subvención a que se refiren as presentes bases e convocatoria é a de fomentar os valores sociais do deporte, e o fútbol en particular, como actividade de ocio, entre a poboación escolar, colectivos de discapacitados e persoas economicamente desfavorecidas, facilitando a estes colectivos o acceso ao estadio de Balaidos para presenciar os partidos que o Real Club Celta de Vigo desenvolverá na presente tempada 2016-2017.

Canto as persoas en situación de desemprego, a distribución das entradas farase a cada unha destas por orden de solicitude presencial no departamento municipal de Conserxería, acreditando tal condición. As persoas en situación de desemprego, poderán solicitar a entrada a partir do martes de semana na que se xogue o partido no estadio de Balaidos.

Máis información: BOP Pontevedra 19 outubro 2016

Logotipo cabecera