Subvencións bono alugueiro social do Plan rehaVIta 2015 2020

CapturaAs subvencións do Programa do bono de alugueiro social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia: a) As que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estaren inmersas en situacións de especial dificultade. b) As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento. c) Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida. d) Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, rematasen o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono de alugueiro social. e) Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde. f) Aquelas a que, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 20 de novembro de 2017.

Máis información: DOG 18 xaneiro 2017

Logotipo cabecera