Subvencions enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que incorporen mozas e mozos, de entre 16 e 30 anos, para a súa colaboración como voluntarias/os na realización dos proxectos de voluntariado, realizados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2018, que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro das seguintes áreas prioritarias:
– Actividades relacionadas co Camiño de Santiago
– Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas
– Actividades con colectivos en situación de risco
– Actividades xuvenís
– Actividades ambientais
– Actividades relacionadas coa igualdade de xénero
– Posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte das entidades
– Actividades relacionadas coa posta en valor de medio rural
– Actividades relacionadas co benestar das persoas maiores.

 

A cantidade subvencionable a cada entidade calcularase a razón de 10€ por moza o mozo voluntario e día (a xornada de 6h.), dos cales 6€ diarios serán empregados pola entidade ás persoas voluntarias para cubrir os custos de desprazamento e mantenza, mentres que os 4€ restantes empregaraos a entidade para cubrir os gastos que deriven directamente das actividades de voluntariado realizadas e recollidas no proxecto presentado.
A contía máxima da axuda por proxecto non poderá superar a cantidade de 4800€, que correspondería a un proxecto do máximo de 8 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días no caso de entidades de acción voluntaria ou a de 12000€, que correspondería a un proxecto do máximo de 20 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días no caso de entidades locais.

Poderán solicitarse pagamentos anticipados dun máximo do 80% da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2018
Os trámites presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Logotipo cabecera