TARXETA BENVIDA 2018

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2018 teñan un fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena nacido en 2018 (BS403B) e proceder á súa convocatoria.

A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Beneficiarios:
1. Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:

a) Ter fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

b) Estar en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as nacidos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

2. Tamén poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2018.

+info: TARXETA BENVIDA

Logotipo cabecera