Tarxeta Bono Cultura Galega

ten-1173244_960_720Programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.

Convoca: Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Contido:

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación. As instrucións de funcionamento poden consultarse no web www.tarxetabonoculturagalega.gal

Logotipo cabecera