UN EQUIPO DEL IES CORUXO FINALISTA DA OLIMPIADA ESTATÍSTICA 2018

O equipo AROSOIVA do IES Coruxo proclámase finalista da Competición Estatística Europea, sendo o único equipo de toda a Comunidade Autónoma de Galicia que logra quedar entre os equipos finalistas.
AROSOIVA é un grupo de 3 alumnos/as de 1º de Bacharelato formado por: Iván García Veiga, Aroa Pérez Rodríguez e Sofía Igrexas Carreira, que logrou acabar no cuarto posto desta competición.
A fase nacional da Competición Estatística Europea está organizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e a Facultad de Estudios Estadísticos de la Universidad Complutense de Madrid (FEE).
Entre os obxectivos deste concurso podemos destacar que trata de promover a curiosidade e o interese pola estatística entre os estudantes así como o traballo en equipo e a colaboración para conseguir obxectivos comúns.
O alumnado do IES Coruxo tivo que superar 2 probas. A primeira delas foi superar varios test de coñecementos estatísticos e a segunda proba consistiu en facer un estudo estatístico sobre a enquisa continua de fogares.
Esta é a sexta edición en que se celebra a Olimpiada de Estatística Nacional e a primeira a nivel Europeo.

Logotipo cabecera