UNED organiza taller gratuito sobre dereitos consumidor

consumidorA Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforros e Seguros de Galicia (ADICAE) organiza un taller gratuito sobre dereitos do consumidor en colaboración co Centro Asociado á UNED en Pontevedra. O taller, dirixido a calquera persoa interesada, ten como obxectivo informar aos consumidores sobre os seus dereitos, favorecendo unha actitude crítica e reivindicativa ante os abusos máis recurrentes
A actividade organízase en catro sesións que serán retransmitidas por streaming e que poderán seguirse en directo nas tres Aulas do Centro Asociado á UNED, así como nas súas instalacións de Pontevedra. O primeiro taller arrincará no Aula UNED de Tui o venres 2 de decembro de 19 h. a 20:30 h. e abordará as dúbidas máis habituais que suscitan os consumidores en relación á súa factura da luz. A segunda sesión terá lugar o mércores 14 de decembro de 19 h. a 20:30 h. no Aula UNED de Pontevedra e nela abordaranse os abusos máis comúns cometidos polas compañías telefónicas e os dereitos e obrigacións do consumidor ante este tipo de contratos. O venres 16 de decembro terá lugar unha terceira sesión no Aula UNED de Vigo na que se abordarán cuestións máis xerais relativas aos dereitos do consumidor e ás principais vías que existen para solucionar problemas neste ámbito. Para rematar, o mércores 21 de decembro terá lugar unha última sesión na que se aportará aos participantes as claves para realizar compras seguras a través de Internet.
Todas as sesións serán retransmitidas por streaming en directo ás diferentes aulas. Así mesmo, calquera persoa interesada poderá seguir o curso desde a súa casa.
Máis información: Sobre a actividade

Logotipo cabecera