UNHA BICI, UN SORRISO

O que queremos

Arranxar bicicletas usadas e recuperalas para un novo uso.
Ofrecer bicicletas dignas a nen@s de familias con recursos limitados.
Mellorar a calidade da infancia a través da ilusión que produce unha bicicleta na vida dun nen@.
Fomentar e estimular a solidariedade entre @s cidadáns.
Xerar, favorecer e facilitar entre a veciñanza o hábito solidario de entrega de bicicletas.
Garantir a recollida de bicicletas ao longo do ano.
Facelo como sempre
Os cidadáns donan as bicicletas que xa non usan e poden levalas a diferentes puntos de recollida distribuídas por toda a cidade.
A través do teléfono 010 e na páxina web do concello de Vigo a veciñanza disporá de toda a información do proxecto.
Os talleres de bicicletas da cidade arránxanas de forma gratuita e recupéranas para un novo uso.
A Golpe de Pedal xestiona a recollida e a almacenaxe antes do reparto, polo que pasarán polas tendas cun vehículo do Concello para recoller as bicis arranxadas (que se levarán ao almacén do Concello) e aquelas sen arranxar que se repartirán polo resto de tendas para poñerlas a punto.
A Concellería de Benestar Social repartirá as bicicletas entre familias en situación de inclusión social e do programa “Infancia en familia”, a través d@s traballador@s sociais que farán un estudo previo de necesidades.
Farase unha entrega especial para que os Reis podan entregalas o día 6 de xaneiro. De todos os xeitos lembrar que se trata dun programa anual polo que a veciñanza ten a oportunidade de entregar as bicis durante todo o ano.
As tendas e talleres que colaboran no arranxo das bici son un total de 10 e serán estas mesmas os puntos de recollida:

ANCA, BICITOTAL, BICIOCON, CROMOLY, GALICIA EN BICI, GONZALO AGUIAR, NBIKE, NORBIKE, TREK e XTREMBIKE.

Preguntas frecuentes
¿Onde podo entregar a bici?
¿Hai prazo de entrega?
¿Onde me podo informar?
¿Que tipo de bici se pode entregar?
¿Quen se encarga da xestión e selección das familias?
¿Cando se entregan ás familias?
¿Hai algunha entrega especial?
¿Onde podo entregar a bici?
Nas seguintes tendas:

Anca – C/ Seara, 62. 36211 Vigo.
BiciTotal – Avda. Ricardo Mella, 282 – Coruxo | Av. Castelao, 17 | Travesía de Vigo, 102
Bici o con – Subida Pontillón, 40 36210 VIGO
Cromoly – Avd. Camelias 27 36202 Vigo
GAlicia en bici – Portela, 15 Bajo – 36205 Vigo
Gonzalo Aguiar – Av. Buenos Aires, 24 – Vigo
N Bike – Fernando Conde, 17 – 36203 Vigo
Norbike – Paseo Montero Ríos, 26 – bajo. C.P. 36201.
Trek vigo – Venezuela, 6 – 36203 Vigo
Xtrembike – Avda. Camelias, 48
¿Hai prazo de entrega?
xa que e un programa anual poderán entregarse durante todo o ano

¿Onde me podo informar?
No telefono 010 ou nesta paxina

¿Que tipo de bici se pode entregar?
Calqueira talla e modelo de bicicleta, xa que demandan para cativ@s, xóvenes e adultos

¿Quen se encarga da xestión e selección das familias?
Benestar Social do Concello de Vigo: Traballadoras sociales

¿Cando se entregan ás familias?
todos os primeiros xoves de mes

¿Hai algunha entrega especial?
no Nadal co gallo do día de Reis.

+info: A GOLPE DE PEDAL

Logotipo cabecera