UNHA NORMATIVA DEIXA EN PARO A PROFESORES DA PRIVADA

Un Real Decreto aprobado polo Goberno en 2010 e modificado parcialmente en xullo de 2015 estableceu os novos requisitos para exercer de profesor de Secundaria e Bachillerato en centros privados e concertados. A normativa impide que os graduados en Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade, que pertencen á rama de Ciencias Sociais, poidan impartir clases de Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Estranxeira, xa que só permítese que o fagan os graduados en Humanidades ou Arte.

Graduados en carreiras como Ciencias Económicas tamén saíron prexudicados; ata 2010 podían dar clase de matemáticas a alumnos da ESO e de Bachillerato, pero coa nova normativa só poden dar matemáticas aplicadas ás ciencias sociais en Bachillerato. Para a ESO requírese un grado en Ciencias ou en Ciencias Experimentais e da Saúde.

+info: NOTICIA

Logotipo cabecera