Único título universitario de especialista en dobraxe impartido en España

Aprendendo a poñer voz ás interpretacións alleas
Dunha banda, danse cita o desexo de aprender e perfeccionar o aprendido, a procura dunha saída laboral e mesmo a paixón. Doutra, a experiencia, a profesionalidade que outorgan décadas de traballo, o pracer de ensinar e tamén a paixón. E é que paixón pola dobraxe é a que se respira entre o alumnado e o profesorado do Título propio de espècialista que comezou a impartirse o pasado mes de setembro por primeira vez na Universidade de Vigo e tamén nunha institución académica pública en España. En cinco días o curso cubriu todas as prazas que ofertaba entre actores e actrices de dobraxe, alumnado dos ámbitos da comunicación audiovisual, lingüístico, dereito e “mesmo profesionais con máis de vinte anos de experiencia no sector da dobraxe. 
Fan posible que Jeremy Irons, Robert de Niro, Meryl Streep ou Daniel Craig falen galego. Son algúns dos dobradores e dobradoras máis destacados do país, que desta volta se enfundan o traxe de docente para transmitir os seus coñecementos ao alumnado do Título propio de Especialista en Dobraxe.

A iniciativa da Universidade de Vigo de situarse á vangarda do sistema universitario público á hora de impartir un título propio de especialista en dobraxe é valorada de xeito unánime por docentes e alumnado do curso como “moi positiva”. Que “unha institución como a Universidade de Vigo se implique agora neste proceso, é un paso fundamental, ademais non sobra recordar a importancia que a dobraxe tivo e ten como peza fundamental da normalización lingüística”

Logotipo cabecera