V ROCK&ROLL CHILDREN

Na presentación do V Festival benéfico Rock&Roll Children, Abel Caballero destacou a función social do evento, amais da calidade do concertos e dos “grandes músicos” que participan con “actuacións en sitios notables coa mellor cultura musical”. Así, convidou a toda a cidade a sumarse a este festival e gozar da “mellor música que se pode escoitar”.

O V Rock&Roll Children desenvólvese en Vigo entre o 13 e o 16 de decembro co fin de recadar fondos e alimentos para entregar de forma íntegra a AFAN, tanto a través da venda das entradas, como das poxas que realicen e da fila cero habilitada para quen queira colaborar.

Na presentación estiveron presentes: Carlos Baños, de Reserva Rock, Jorge Rodríguez, da Sala Transylvania e o músico Fran Vázquez que definiu a cita como un “festival familiar underground” ao que poden asistir nenas e nenos, tendo en conta que os menores de 12 anos non teñen que pagar a entrada, e amosou o seu orgullo porque o cartel está conformado nun 80% por bandas viguesas.

O programa desta quinta edición organizada por varios locais de hostalería e músicos de Vigo queda da seguinte maneira: o mércores 13 de decembro, concertos en The Hush Rock de La Supersonic e El Tren; o xoves 14 de decembro tocan Machines e The Liar Papers no Reserva Rock; na Sala Master o 15 de decembro haberá concertos de Beautiful Coma, Aquelarre, Zona Zero e Herejía e rematan o sábado 16 de decembro na Sala Transylvania: Bon Vivant, Inverno, Jolly Joker e Ago.

A entrada de público para os días 13 e 14 consistirá en alimentos infantís e os días 15 e 16 haberá un bono-entrada de 15 euros.

Logotipo cabecera