Validación parcial de estudos estranxeiros para USC

CapturaOs alumnos procedentes de universidades estranxeiras que desexen continuar os mesmos estudos de grao na Universidade de Santiago de Compostela deberán solicitar o recoñecemento parcial dos devanditos estudos.

Requisitos : Unicamente se admitirán solicitudes para continuar os mesmos estudos xa iniciados noutro país. Para ser admitido deberá recoñecerse un mínimo de 30 créditos en materias do Grado para o que se solicita continuar estudos.

Solicitude de admisión  Poderanse solicitar as titulacións que figuran no ANEXO VI da convocatoria de matrícula.

O prazo será o mes de febreiro de 2017.

A solicitude de admisión deberá presentarse na sede electrónica da USC, de forma presencial na Unidade de Xestión Académica que corresponda segundo a titulación, ou a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro mediante o seguinte modelo de solicitude 

A USC emitirá unha liquidación ao realizar a solicitude, do custo que debe abonar o alumno (27,09 €); deberá efectuarse o pagamento e enviar o xustificante por e-mail. No caso de non abonar o importe citado, a solicitude non será admitida a trámite. O pagamento poderá realizarse por ingreso bancario ou a través da aplicación de autoliquidación seleccionando a opción “Prezos Servizos Académico-Administrativos”.

Matrícula O alumno, unha vez notificada a admisión, deberá matricularse no prazo fixado.

Máis información: USC

Logotipo cabecera