VI Concurso de Fotografía do Museo Liste de Vigo

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, convócase o VI Concurso de Fotografía do Museo Liste de Vigo, que pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade.

A temática que deberán ter as fotografías é “O peche”. As portas, as chaves, as pechaduras, os cadeados… moitos son os medios que o ser humano utilizou para acoutar a propiedade, o seu, o íntimo. Todos os elementos relacionados co peche son, polo tanto, de grande interese etnográfico e preténdese recoller estes elementos na cidade e na súa contorna.

O requisito para participar é ser maior de 18 anos e a participación estará limitada a un número máximo de 3 obras por participante. A forma de envío será a través do enderezo didactica@museoliste.org, mediante arquivos adxuntos de xeito individual. O nome do arquivo será o título da fotografía, mentres que no texto da mensaxe especificaranse os datos do participante: nome e apelidos, dirección postal, correo electrónico e teléfono de contacto. O tamaño da fotografía deberá ser de 2362 x 3543 px ou ben 20 x 30 cm, cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato jpeg.

A data límite para participar é o 24 de abril.

En canto aos premios, establécense tres: un primeiro premio dotado con 200 euros en metálico e dous premios máis que recibirán unha figura conmemorativa. Así mesmo, as obras estarán expostas durante un período de 30 días na sede da Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo.

A entrega de premios e a inauguración da exposición das fotografías premiadas realizarase o día 17 de maio, “Día das Letras Galegas” a partir das 12:30 horas na sede do Museo.

Máis información: museoliste.org

 

Logotipo cabecera