VIAXA GRATIS EN INTERRAIL

TES 18 ANOS? VIAXA GRATIS EN INTERRAIL ESTE VERÁN
#DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que ten como obxectivo ofrecer as mozas e mozos de 18 anos unha experiencia única para viaxar pola UE, descubrir a diversidade das rexións europeas e gozar da súa riqueza cultural, entregando uns 15.000 bonos de interrail para este verán.
Para  poder conseguir o teu pase terás que presentar a solicitude entre o 12 e o 26 de xuño ás 12:00h. a través do Portal Europeo da Mocidade. As solicitudes poderán facerse de forma individual e tamén en nome de ata cinco persoas.

 

REQUISITOS:
• Nacer entre o 2 de xullo de 1999 e o 1 de xullo do 2000.
• Ter nacionalidade europea.
• Contar con DNI ou pasaporte, xa que terás que incluír o número na solicitude.
• Iniciar a viaxe nun dos 28 Estados membros da UE entre o 9 de xullo e o 30 de setembro de 2018.
• Visitar entre un e catro países da UE diferentes ao teu de 1 a 30 días.
• Estar disposto a formar parte da gran familia de embaixadores da UE.

 

PROCEDEMENTO:
1 – Entra no Portal Europeo da Mocidade.
2 – Accede ao formulario de inscrición e introduce os teus datos persoais, así como algún detalle da viaxe que planeases.
3 – Terás que participar nun concurso de 5 preguntas relacionadas coas iniciativas da UE destinadas aos mozos e co Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, que se celebra este ano con multitude de actos por toda Europa para festexar a nosa diversidade cultural.
4 – Por último, terás que contestar a unha pregunta de desempate que permitirá á Comisión Europea clasificar aos solicitantes no caso de que houbese demasiadas candidaturas.
Máis información e inscripcións en https://europa.eu/youth/discovereu_es
Logotipo cabecera