VIGO POLO EMPREGO DA MOCIDADE

O programa “Vigo polo emprego da mocidade” permitirá ao Concello impartir formación a 165 mozos e mozas menores de 30 anos para facilitar a súa inserción laboral. Esta iniciativa, dotada con 670.000 euros, está financiada nun 80% con fondos Feder.

A Xunta de Goberno deu luz verde á contratación dos servizos de formación do programa “Vigo polo emprego da mocidade”, cun importe de 670.000 euros. Trátase, segundo explicou o rexedor, unha iniciativa que permitirá formar a 165 alumnos en creación e xestión de microempresas, confección e publicación de páxinas web, operacións básicas en cociña, operacións básicas de restaurante e bares, comunicación en linguas estranxeiras, sensibilización en igualdade de oportunidades e alfabetización informática. Os requisitos para formar parte do programa son ser menor de trinta anos e estar inscrito no Plan Nacional de Garantía Xuvenil (Oficina de emprego). Este plan formativo está cofinanciado nun 80% por fondos Feder.

Continuando co apoio á mocidade, o goberno local aprobou o outorgamento das subvencións para o fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo. Deste xeito, o Concello adica 35.000 euros a financiar o alugue¡ro a microempresas ou autónomos que teñan a súa sede de traballo en espazos coworking. Nesta ocasión son 38 os beneficiarios.

+info:XORNAL VIGO

Logotipo cabecera