Vigo polo emprego da xuventude

Contido: O goberno local aprobou a subvención para a realización do proxecto “Vigo polo emprego da Xuventude” dirixido a mozos/as de entre 16 e 30 anos inscritos no programa de garantía xuvenil.

Recibirán orientación e aprendizaxe en diferentes disciplinas: xestión de pymes, desenvolvemento de páxinas web, axudante de cociña e de camareiro/a, idiomas, fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, fomento de novas tecnoloxías de información e comunicación, busca de emprego e aplicación das redes sociais para o emprego.

 

 

Logotipo cabecera