“VIGO RETRO” SALÓN DA INFORMÁTICA RETRO NA CASA DA XUVENTUDE

Do 2 ó 6 de Xullo, as viguesas e vigueses que o desexen poderán desfrutar dunha andaina polo pasado (non tan lonxano) da informática na mostra “Vigo Retro” na Casa da Xuventude (López Mora, 31).

Se lembras os floppy discs de 5’25 polgadas ou botas de menos as pantallas monocromas, se queres amosarlle á cativada de cando non había smartphones ou se queres saber por qué á icona de gardar arquivo ten esa forma, ¡agardámoste!

 

Podes visita-la mostra de balde de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 de luns a venres e de 9:00 a 14:00 os sábados.

Máis información en: vigoretro.carbonmade.com

Logotipo cabecera