Visitas guiadas al Parque Nacional das Illas Atlánticas

Convoca: PNIAG

Contido: Este verán o Parque amplia o seu programa de rutas guiadas estivais. Así ademais das xa habituais rutas diarias en Cíes e Ons, organizamos rutas guiadas a Sálvora e Cortegada.

Os martes, venres e sábados a Sálvora dende o porto de Aguiño (14€) e domingos dende o porto da Illa de Arousa (20€).

A Cortegada dende o porto de Carril (10€).

Hai que ter praza reservada para participar.

Podes informarte, reservar a túa plaza e ver o calendario no seguinte link https://reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/usu/html/listado-actividades-oapn.aspx?cen=20

Pódese solicitar máis información ademais de na propia central de resevas, nos seguintes teléfonos:

Os  luns (de 09:00 a 14:00h): 886 218090.

De martes a sábados (de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30) e domingos de 11 a 14h: 886218082.

 

 

Logotipo cabecera