Vitamusic Febreiro: obradoiros gratuítos de formación musical

VITAMUSIC

Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.

Os obradoiros son  gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

Obradoiro de composición. Compón o teu propio tema musical!. Farto de facer versións? Ven a este obradoiro creativo de composición!!!! para todo tipo de instrumentistas ou mesmo o grupo enteiro. Sábado 16 de febreiro: Horario de 16 a 19h.

Técnica Vogal.

  • RESPIRACIÓN. Control diafragmático. Martes 12 Febreiro: Horario de 21-22h.
  • PROXECCIÓN DO SON. Traballo sobre resoadores. Martes 26 Febreiro: Horario de 21-22h.

Guitarra.

  • 20 febreiro: Arpexios de triada en sweep picking e string skipping . Horario de 21-22h.
  • 27 febreiro: Harmonizando melodías I. Horario de 21-22h.

Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:

Facer preinscrición
Logotipo cabecera