Voluntariado medioambiental en Sálvora e Cortegada

Convoca: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Contido:

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na limpeza de praias e na erradicación de plantas invasoras.

O programa desenvolverase nunha xornada en grupos de 10 voluntarios do seguinte xeito:
Sálvora : 14 de xullo,21 de xullo,28 de xullo, 4 de Agosto, 11 de agosto, 18 de agosto e 25 de agosto.
Cortegada: 12 de xullo, 19 de xullo, 26 de xullo, 2 de agosto,9 de agosto e 23 de agosto.

O PROGRAMA INCLÚE:

1. Manutención.
2. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As persoas voluntarias deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado ás illas.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que:
-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar.
-Deben levar unha mochila pequeña.
-Non deben esquecer a crema solar.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Máis Información:www.voluntariadogalego.org

Logotipo cabecera