WORLD CAFÉ

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado segue a avanzar na elaboración do novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020, como instrumento de planificación que establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude na nosa comunidade autónoma.

Queremos que o proceso de elaboración do Plan sexa o máis participativo posible e para iso invitamos a todas as persoas e institucións interesadas a participar nunha conversa conxunta. Invitámosvos a un World Café. Anímate e apúntate!

Que é un world café?

Nas conversas de café falamos do que para nós é importante. Facémolo dende a confidencia, dende a intimidade, dende o coidado, dende a seguridade…

O World Café é unha dinámica que propicia que un número grande de persoas, como 80 ou máis, poidan ter distintas conversas de “café” sobre temas que consideran importantes.
Nesta ocasión ofrecémosche falar sobre a xuventude. Sobre como está, que precisa, que poden facer as administracións públicas por ela.

Todos temos poder: poder de falar e poder de escoitar. Todas as persoas temos capacidade para influír e para recibir influencias. Pensando xuntas, identificamos novas conexións entre as ideas. Ocórresenos cousas novas.

Invitámosche a que achegues as túas ideas e experiencias libremente. Invitámosche a que escoites para comprender, para conectar ideas.

Xoga! Fai garabatos! Debuxa!
Anímate e apúntate!

+info: WORLD CAFÉ

Logotipo cabecera