XII CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO

O Espazo Xove de Tui e as Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Gondomar, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona, O Rosal e O Porriño organizan certame fotográfico coa temática “viaxando” dirixido a persoas de entre 12 e 35 anos. A fotografía que se presente deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros certames.
 
O premio consiste nun curso personalizado de fotografía, a realizar nalgún dos concellos organizadores nos tres meses seguintes do fallo público.
 
O prazo de presentación do sobre pechado coa fotografía rematará o 26 de setembro do 2018. O fallo farase público o 9 de outubro de 2018.
Logotipo cabecera