Un trasno no barrio

monster-515331_960_720Convoca: Concellería de Normalización Lingüística

Contido:Do 1 ao 28 de decembro. Se tes entre 6 e 12 anos e paseas polo barrio das Travesas poderás dar coa solución fíxandote nos escaparates dos establecementos comerciais que luzan unha foto dun trasno.

Os intrépidos/as que vos aventuredes a resolver este magno enigma deberedes recoller a papeleta co mapa do percorrido na sede da Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas, nos establecementos colaboradores ou descargala na web snl.vigo.org.

Teredes que visitar cada establecemento marcado no percorrido seguindo os pasos do trasno e apuntando nas casiñas correspondentes da papeleta as respostas aos enigmas que cada local comercial lucirá no escaparate.

Se conseguides resolver todos os enigmas daredes coa solución!

Cando teñades a papeleta cuberta deberedes depositala entre o 1 e o 28 de decembro na furna instalada na sede da Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas (Galerías Comerciais da avenida Gran Vía, 176).

Entre os/as aventureiros/as que cubrades todas as casiñas da papeleta e deades coa solución sortearase unha magnífica tablet!.

O sorteo terá lugar na sede da Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas o 28 de decembro, ás 19:30.

Documentación

Logotipo cabecera