XORNADA DE AUTOLIDERADO E MARCA PERSOAL

A Deputación de Pontevedra, a través da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza a xornada Autoliderado e Marca Persoal, que vai ter lugar en Vigo o próximo 12 de decembro.

A finalidade desta xornada é acadar o liderado persoal e profesional. As persoas que asistan e participen poderán crear unha marca persoal, descubrir ferramentas e estratexias que lles permitirán desenvolver a súa capacidade de autoxestión, ou sexa, o autoliderado na práctica.

O autoliderado e a marca persoal son sinónimos, no século XXI, de crecemento, necesarios tanto na vida familiar e persoal coma na empresarial e social. Queremos dar formación práctica enfocada ao desenvolvemento das persoas, traballar con elas para que sexan conscientes de que poden chegar a liderarse a si mesmas e, a partir de aí, liderar as demais persoas.

A actividade, que se levará a cabo no auditorio do Colexio Fogar Abanca, terá unha duración de 6 horas, de 15:30 a 21:30 h.

Persoas destinatarias

Mulleres emprendedoras Mulleres que queiran orientar o seu desenvolvemento persoal e profesional Estudantado Profesionais Persoas emprendedoras ou con interese en emprender Orientadoras e orientadores laborais e profesionais Persoas con interese en estratexias de liderado e xénero
Inscrición gratuíta

Data límite de inscrición: 11 de decembro de 2017

Máis información no Servizo de Igualdade: nos correos electrónicos igualdade@depo.es e escolamariavinyals@depo.es ou no teléfono 986 804 100 (ext. 40870)

Logotipo cabecera