Xornada saúde e a discapacidade intelectual

saudeDende FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos a preparar unha nova xornada centrada na saúde e a discapacidade intelectual, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de decembro na Facultade de Psicoloxía de Santiago. A xornada está organizada nesta ocasión polo “Grupo de traballo de saúde” impulsado por Plena inclusión España, no que participa FADEMGA Plena inclusión e a Asociación Juan María. A xornada tamén conta coa colaboración da Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela.

A finalidade deste encontro será sensibilizar sobre a situación sanitaria ás persoas con discapacidade intelectual, promovendo un foro de reflexión e debate sobre a saúde deste colectivo, ao tempo que informamos e formamos aos profesionais para a abordaxe da saúde das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Programa da xornada

Inscrición

Prezo: De balde ata completar aforo.

Destinatarios: Esta Xornada está dirixida principalmente a profesionais do ámbito sanitario, estudantes de Ciencias da Saúde, pero aberta ao público en xeral.

O prazo para formalizar a inscrición rematará o 12 de decembro.

Deberedes mandar a vosa inscrición asinada e escaneada ao seguinte correo areasocial@fademga.org

Servizo de Formación

Área de Emprego e Formación

FADEMGA Plena inclusión Galicia

Vía Pasteur,N º53-A.Polígono Industrial do Tambre

15890 Santiago de Compostela

Telf: 981 51 96 50

formacion@fademga.org

www.fademga.or

Logotipo cabecera