Xornadas sobre libro de fotografía. Mostra: «Cabodano do traballo editorial no Centro de Estudos Fotográficos»

Convoca: FUNDACIÓN OBRA SOCIAL ABANCA. VIGO.
No marco desta mostra, organizanse tamén unhas importantes xornadas sobre libro de fotografía o 4 e o 5 de abril na sala de conferencias da Sede Afundación de Vigo.
No encontro de profesionais e editores, o público poderá adquirir exemplares. Tanto o público xeral como profesionais que queiran participar, deberán de se inscribir, de balde.

4 de abril  A experiencia editorial do Centro de Estudos Fotográficos. 19.00 h | Con Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal

Fenómeno foto-libro: a firmeza do obxecto. 20.00 h | Con Joan Fontcuberta

5 de abril Mostra das publicacións dos diferentes editores. 18.00 h

Libros de fotografía ou fotolibros: o caso galego. 19.00 h | Con Enrique Lista

Encontro aberto con editores galegos de libros de fotografía. 20.00 h

ARTISTAS

Ana Soler.  Fran Herbello. Joan Fontcuberta.

Así mesmo, os comisarios participan activamente na exposición mediante a inclusión dunha proposta denominada Panel de vida, en que se mostran documentos antigos, cadernos e fotografías que achegan outras miradas sobre a historia do CEF. Amoreados no chan debaixo deste panel encóntranse outros feixes de libros publicados no seu día polo CEF; de entre eles, cada persoa visitante poderá coller e levar un exemplar.

Ademais, inclúese unha instalación sonora deseñada ex professo para este proxecto e producida por Xulio Gómez, Sinsalaudio e Escoitar.org

Logotipo cabecera