Xornadas sobre os deberes escolares UDC

deberesOrganiza: Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED)

Con estas xornadas, preténdese establecer un foro de debate que posibilite un uso razoable dos deberes escolares, de tal maneira que a través dos resultados da investigación e das achegas dos principais axentes implicados se poida chegar a puntos de encontro e formular un conxunto de propostas respecto a como, cando e en que medida hai que prescribir deberes escolares aos alumnos/as.

Trátase, polo tanto, de poñer os medios necesarios para que os deberes escolares deixen de ser un motivo continuo de discrepancias e enfrentamentos entre os diferentes axentes educativos, para convertirse nunha ferramenta útil para a aprendizaxe e o rendemento académico dos estudantes.

As xornadas van dirixidas especialmente ao profesorado e ás familias e, en xeral, a todas as persoas interesadas neste tema polémico e controvertido pero, á vez, de gran relevancia no eido educativo.

Facultade de Ciencias da Educación

Datas: 24 e 25 de maio

Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación

Máis información: http://www.udc.gal/actualidade/eventos/2016/05/XornadaDeberes.html

Logotipo cabecera