XXXV OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA 2018

A Asociación de Químicos de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Químicos de Galicia convoca a XXXV Olimpiada Galega de Química dirixida aos/ as alumnos/ as matriculados/ as durante o curso 2017-2018 en Bacharelato, de calquera centro público ou privado, da Comunidade Autónoma de Galicia e que non cumprisen 19 anos, o 1 de outubro de 2018. Con carácter excepcional, e se son avalados por escrito polo seu Profesor/a, tamén poderán tomar parte na Olimpíada de Química, alumnos/ as do 2º Ciclo de ESO de excelentes capacidades. A participación é individual.
Esta nova edición, organizada pola Asociación de Químicos de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Químicos de Galicia, celebrarase o proxímo 23 de marzo do 2018, nas sedes establecidas de: A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo, de acordo coa normativa seguinte:

INSCRICIÓN
As persoas interesadas solicitarán a súa inscrición por escrito, a través da Secretaría do Centro, onde cursen os seus estudos, ou directamente a título particular, cubrindo o formulario e remitíndoo á Secretaría da Asociación de Químicos de Galicia, por calquera dos seguintes medios:

Por email a: olimpiadagallega@colquiga.org
Vía Fax ao: 986 437 915

No formulario deben figurar claramente todos e cada un dos datos requiridos, indicando expresamente en que cidade – lugar desexa presentarse para realizar as probas. A solicitude de inscrición deberá facerse chegar antes do 13 de marzo do 2018.

CONTIDOS
A temática das probas versará sobre aqueles aspectos da Química do currículo da ESO e de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Concretamente das materias de Física e Química (1º de Bacharelato) e da materia de Química (2º de Bacharelato).

CUALIFICACIÓN
Para todas as demarcacións universitarias nomearase un tribunal único que avaliará todos os exercicios e proclamará ás persoas vencedoras.

CERTIFICADO DE INNOVACIÓN
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia recoñecerá estas fases (local e nacional) como actividades de innovación educativa cunha certificación ao profesorado participante equivalente a 15 horas de formación en caso de fase autonómica e 25 horas na fase nacional.

GALARDÓNS
Os diplomas aos gañadores desta XXXV OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA entregaranse, pola entidade organizadora, nun acto público, en data e lugar que oportunamente se indicará.

+info: BASES

Logotipo cabecera