2019 Campamentos de Nadal

Concello de Vigo, a través do seu programa Campamentos Nadal 2019, pon en marcha os campamentos urbanos, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade en periodo vacacional, co obxectivo principal de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes da cidade de Vigo.

As actividades de Campamentos Nadal 2019 van dirixidas á poboación infantil da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.

Nenos e nenas inscritos para participar nos campamentos de Nadal

Actividades: obradoiros, xogos e actividades de animación relacionadas co nadal.

Anos de nacemento: 2007 – 2015.

Lugares: Pavillón do Berbés, Pavillón de Bouzas e Pavillón de Navia (50 prazas en cada sede).
No momento de realizar a inscrición poderá optar por orde de preferencia por unha ou máis sedes (BERBÉS, BOUZAS, NAVIA) sendo soamente unha delas a que lle será adxudicada no caso de haber dispoñibilidade de praza.

Datas: Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019 e os días 2 e 3 de xaneiro de 2020.

Prezo: Gratuítos. 150 prazas (50 prazas en cada pavillón)

Horario:

  • 07:45 – 09:00 h. Acollida e aula matinal.
  • 09:00 – 11:00 h. Actividades.
  • 11:00 – 11:30 h. Descanso e merenda de media mañá.
  • 11:30 – 13:55 h. Actividades.
  • 14:00 – 15:15 h. Despedida e servizo friameira (dispoñibilidade de neveira e microondas).
    Aqueles/as participantes que precisen do SERVIZO DE FRIAMEIRA, deberán traer recipientes coa comida axeitados para o seu uso, tanto de conservación (na neveira do campamento) como para o seu quencemento no microondas disponible.
    Os participantes neste servizo deberán traer, ademais, aqueles accesorios que precisen para comer (culler, garfo, coitelo sen punta).
globo

 Enderezos

  • Pavillón Municipal do Berbés.
  • Pavillón Municipal de Bouzas.
  • Pavillón Municipal de Navia.