2021 Nadal en familia no Calvario

Presentase como un gran formato lúdico cunha programación baseada na docencia activa. Cun carácter aberto e flexible, e cimentado non constructivismo. Baseado no principio de globalización. Un espazo de lecer pensado para o desfrute dos máis pequenos cos maiores da casa. Un espazo para unha conexión interxeracional onde o xogo e o lecer son unha unha canle para compartir unha xornada chea de momentos significativos.

Lugar: Rúa Cronista José Espinosa.

Instalacións: carpa homologada de de 300m con catro portas de entrada

Datas: 22 de decembro ao 9 de xaneiro de 2022.

Horario:
Mañás: de 11- 14h
Tardes: de 16h. a 20h agás os días: 24 e 31 de decembro e día 5 de xaneiro.
Os festivos: días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro permanecerá pechado.

Destinatarios:
Grupos infantís: 8-12 anos.
Grupos adolescentes: 13-17 anos.
Grupos familiares: a partires de 4 anos.
Grupos constituídos por subgrupos familiares de pais-fillos, avós-netos e análogos.

ACTIVIDADES ADAPTADAS AOS GRUPOS:

Obradoiros de artes escénicas:
Actividades de Teatro : obras de teatro participativas (se interactúa co público para que formen parte da obra
Actividades de Ritmo e Movemento: o corpo e a música como elemento de comunicación no verbal.
Linguaxe corporal e xestual. Se introducen actividades de “Mimo” e Cantabaila (coreografías sinxelas e coñecemento do noso corpo.) Actividades de danza : exhibicións, ensino de pequenas coreografías (“cantabaila” e “Tik Tok en Familia”), técnicas de relaxación, atención e expresión.
Actividades de caracterización:

  • Pintacaras e atrezzo.
  • Contacontos.
  • Actividades de circo e clown.

Obradoiro de cociña de Nadal: A cociña viaxeira. Repostería e pequenas recetas sinxelas para sorprender en Nadal. Introdución a alimentación saudable , dieta equilibrada/ pirámide alimenticia/… .

Obradoiros de artes plásticas: cada día faranse diferentes obradoiros que vaian ensinando como traballar con diferentes recursos (coiro, barro, arxila, plastilina, carbonilos, ….) e diferentes técnicas (modelado,
estampación, repuxado, …).
Actividades de debuxo, pintura, escultura, gravado, artesanía e pintura mural.

Obradoiro de escrita creativa.