Cómo participar:
Permítense as inscricións de UNIDADES FAMILIARES CON FILLOS/AS, EMPADROADAS EN VIGO E NO MESMO DOMICILIO. NA ACTIVIDADE É OBRIGATORIO QUE PARTICIPE A LO MENOS ALGUN/HNA MENOR DE IDADE DA UNIDADE FAMILIAR (aquelas inscricións que non cumplan este requisito serán dadas de baixa automáticamente). A persoa titular da solicitude debe realizar a inscrición, a partires do venres 25 de agosto ás 12:00 horas, solicitar quenda e engadir aos participantes da unidade familiar.
A solicitude quedará pendente da comprobación de datos, e unha vez estos sexan verificados a praza será FORMALIZADA e a persoa solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación.
Público obxectivo:
Familiar, xuvenil e infantil, posto que as actividades se adaptan ás idades dos
participantes.
Quendas e datas:
CÍES 1 – Martes 5 de setembro |
CÍES 2 – Mércores 6 de setembro |
CÍES 3 – Xoves 7 de setembro |
CÍES 4 – Venres 8 de setembro |
CÍES 5 – Domingo 10 de setembro |
CÍES 6 – Sábado 23 de setembro |
CÍES 7 – Sábado 30 de setembro |
CÍES 8 – Domingo 1 de outubro |
CÍES 9 – Sábado 7 de outubro |
Horario:
10.30h. | Reunión no punto de encontro: Estación Marítima de Vigo |
11.00h. | Saída en barco |
11.45h. | Chegada a Cíes. |
12.00h. | Ruta guiada |
14.00h. | Tempo libre para a comida |
16.00h. | Actividade familiar tipo xincana |
17.00h. | Fin da actividade |
17.30h. | Saída de Cíes |
18.30h. | Chegada Estación Marítima de Vigo |
Programa:
‘O SEGREDO DAS ROCHAS’
RUTA DE SENDEIRISMO + VISITA GUIADA
En grupos de 25 persoas, acompañados dun guía acreditado do Parque Nacional,
farase unha visita guiada polas Illas nesta ruta de sendeirismo eminentemente
participativa. Durante o paseo poderán gozar das Illas observando e
comprendendo a súa riqueza xeolóxica, desde a lagoa dos nenos, a falla de
Rodas e os alveolos e pías característicos da paisaxe natural das Illas Cíes.
Durante a Ruta mostraranse os aspectos más destacables da riqueza xeolóxica
das Illas Cíes.
Coñeceremos a formación das Rías e das Cíes fai miles de anos, a través da falla
de Rodas que atravesa as Illas, na lagoa dos nenos. De este xeito,
comprenderemos a historia xeolóxica da costa atlántica galega e das Rías Baixas.
Visitaremos a duna e praia fósil, para coñecer o ciclo xeolóxico: cómo o a rocha
de granito chega a transformarse nun gran de area de praia.
Ademáis, durante a ruta veremos diferentes exemplos de erosión química nas
formacións rochosas. Formacións tan singulares e curiosas como son os taffoni,
pías e alveolos.
Unha xornada de divulgación nun entorno natural para mostrar unha riqueza
natural e paisaxística menos coñecida.
XINCANA
Pola tarde realizarase unha proba por equipos: unidades familiares ou de
convivencia. A actividade é lúdica e divulgativa, relacionada coas Illas Cíes e coa
ruta da mañá.
Consiste en resolver unha serie de dinámicas que fomentan habilidades de
coñecemento, enxeño, reflexos, entre outras, poñendo especial atención no
patrimonio xeolóxico das Illas visitado.