O Concello de Vigo anuncia con entusiasmo o lanzamento do ‘Campus Vigosónico 2024’. Esta iniciativa representa unha ampliación das ofertas da ‘Academia Vigosónica’. As clases de canto, baixo, guitarra e batería son tan populares que as prazas dispoñibles esgotáronse en cuestión de días.
Este programa, centrado en cursos e obradoiros de música e produción, está deseñado para unir e inspirar a artistas e profesionais de todas as idades, dende os máis novos ata os adultos.
DESCARGA: PROGRAMA DE ACTIVIDADES
O Campus, situado nas acolledoras instalacións de Vigosónico en Vigo, abre as súas portas para ofrecer unha serie de actividades gratuítas. A idea é sinxela: proporcionar un espazo onde todo o mundo, independentemente da súa idade ou experiencia, poida aprender, experimentar e crecer no mundo da música.
Este ano, o programa inclúe desde cursos prácticos de produción musical en home studio, ata obradoiros sobre organización de eventos e espectáculos. Tamén haberá formacións sobre os dereitos de propiedade intelectual e incluso unha masterclass especial sobre mastering. Ademais, non faltarán obradoiros emocionantes de baile break dance e hip hop e espazo para o entretemento, cunha serie de obradorios adicados aos xogos de mesa.
Un dos puntos fortes do Campus Vigosónico será o seu apoio ás bandas locais a través do programa “Demosónico, Estudo Aberto”. Esta iniciativa dálles a oportunidade de gravar as súas “demos” nun estudio profesional, ofrecendo unha ferramenta de traballo para que poidan mostrar o seu talento.
O Concello de Vigo convida a todos os interesados a aproveitar estas oportunidades únicas.
Se tes paixón pola música e a creatividade, este é o teu lugar. As prazas son limitadas, así que animámosvos a inscribirvos canto a