22 Certame de Cartas de Amor de Cangas

O Concello de Cangas convoca o 22º Certame de Cartas de Amor.
A extensión máxima será de dúas páxinas mecanografiadas a dobre espazo e co texto en galego
Os traballos deberán presentarse acompañadas dun sobre pechado cos seguintes datos do autor/a: nome, enderezo, teléfono e copia do DNI

prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2025.
As cartas de amor entregaranse Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa da Xuventude de Cangas, Rúa Real 29, 36940 Cangas. Pontevedra ou no rexistro do concello.

Poderán participar todos/as aqueles/as que queiran nas seguintes categorías:

Categoría A. Ata 12 anos (nacidos no 2013 e posteriores).
Categoría B. De 13 a 16 anos (nacidos do 2009 ao 2012).
Categoría C. A partir dos 17 anos cumpridos (nacidos no 2008 e anteriores)

Entregaranse diversos premios:

Categoría A: premio único dun vale de 100 € e diploma

Categoría B
1º Premio – Vale de 100 € e diploma.
2º Premio – Vale de 75 € e diploma.
3º Premio – Vale de 50 € e diploma.

Categoría C
1º Premio – Estancia de fin de semana nunha Casa Rural para dúas persoas, e diploma.
2º Premio – Estancia dunha noite nunha Casa Rural para dúas persoas, e diploma.
3º Premio – Estancia dunha noite nunha Casa Rural para dúas persoas, e diploma.

Máis información:
Casa da Xuventude
Rúa Real, 29, 36940 Cangas, Pontevedra
Tlf: 986 392 171
Mail: xuventude@cangas.gal
Web: www.cangas.gal