A Deputación de Ourense convoca a XX edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración.
A) Modalidade narración:
A este premio poderán concorrer todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais, coas seguintes características:
Os textos terán unha extensión de entre 25 páxinas e 100 páxinas, formato A4, sempre escritos en programa Word, fonte tipográfica Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado 1,5.
Para esta modalidade de narración establécese un premio de 3.000 €.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 2 de setembro de 2024.
B) Modalidade ilustración:
Poderán concorrer ao premio ilustradores/as de calquera nacionalidade que presenten a súas ilustracións e orixinais, non menos de 10 ilustracións para o interior e 1 para portada, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste «XX Premio Pura e Dora Vázquez» de narración xuvenil. O texto premiado solicitarase á Deputación de Ourense.
As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:
a) Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm, tamaño total incluído solapas, contraportada e sangue.
b) Ilustracións interiores: 296 x 216 mm, sobre páxina con sangue.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 29 de novembro de 2024.
Para esta modalidade de ilustración establécese un premio de 3.000 €.
A presentación dos orixinais, tanto para ilustración coma para narración, unicamente poderá realizarse do seguinte xeito:
a) De maneira presencial, entregando un exemplar da obra en sobre pechado indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración, na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistros.
b) Remitindo por correo certificado o exemplar da obra en sobre pechado, indicando no seu exterior «Premio Pura e Dora Vázquez, modalidade de narración ou ilustración», ao seguinte enderezo:
Deputación Provincial de Ourense
Rexistro Xeral
Rúa do Progreso, 32
32003 Ourense
As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo.
Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.
Máis información no BOP de Ourense do 19 de xuño de 2024 e en www.depourense.es