Correspondentes Xuvenís

O equipo de Correspondentes Xuvenís será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de XuventudeEspazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de Información Xuvenil e co profesorado participante no programa.

Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
– Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast…
– Manter actualizado e ordenado o taboleiro informativo do centro.
– Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interese para correspondentes doutros puntos de Galicia.
– Participar nas sesións de formación e/ou intercambio de experiencias que se porpoñan dende a Dirección Xeral de Xuventude.

Beneficios para os/as correspondentes:

– Coñeceren de primeira man os programas e convocatorias dos que son público potencial.
– Participaren nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.
– Obteren un Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
– Recibiren asesoramento e formación sobre información xuvenil.

Beneficios para o profesorado colaborador:

– Obteren a certificación da Consellería de Educación (coa correspondente equivalencia en puntos).
– Recibiren asesoramento para a posta en marcha e mantemento do programa no seu centro educativo.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, ata o 27 de setembro de 2024.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil.

Máis información no teléfono 881 997 606 e 881 997 602 e en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626