Cada ano, Europol, a Axencia de Cooperación para o Cumprimento da Lei da Unión Europea, ofrece unha serie de prácticas co obxectivo de brindar a oportunidade de aprender máis sobre as actividades da axencia.
Prácticas dispoñibles
Prácticas en xestión ambiental. Prazo ata o 27 de setembro.
Desarrallo de material de concienciación sobre ciberseguridade. Ata o 27 de setembro.
Prácticas en apoio á comunicación. Hata o 2 de outubro
Duración: as prácticas duran tres ou seis meses (40 horas á semana), segundo as necesidades de cada proxecto.
Localización: na sede de Europol na Haia, Países Baixos.
Requisitos:
– ser nacional dun Estado membro da Unión Europea;
– alcanzar a maioría de idade no seu país de orixe;
– ter un nivel de educación que corresponda aos estudos universitarios completos ou en curso ou a formación profesional pertinente para as tarefas de Europol.
– ter un bo coñecemento de polo menos dous idiomas da Unión Europea, un dos cales debería ser o inglés, o idioma de traballo dos servizos de Europol;
– proporcionar un Certificado de boa conduta recente.
Remuneración: Os bolseiros/as recibirán unha bolsa mensual de manutención durante o período de prácticas. O importe da bolsa decídeo o Director Executivo de Europol, en principio, sobre unha base anual e é de 1500 € a partir do 1 de xuño de 2023.
https://www.europol.europa.eu/careers-procurement/internships