Visita ao Xeoparque do Courel

O 29 de setembro bota a andar a programación de Camiño a Camiño de outono 2024 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, que ten previsto actividade ata o 27 de outubro.

Nesta edición o reto é percorrer lugares cunha riqueza natural e paisaxística destacada por Galicia, sempre asociados a contornas medioambientais que nos presentan aspectos xeolóxicos e biolóxicos particulares. Toda a programación AQUÍ.

A primeira ruta, que será de día completo, terá lugar o domingo 29 de setembro coa visita ao Pregamento de Campodola (Quiroga), un fenómeno xeolóxico particular que se enmarcar dentro Xeoparque do Courel.

Nesta edición incorporanse actividades familiares polos sendeiros locais de Vigo,  que arrancan o sábado 5 de outubro, pola tarde, paseando polo sendeiro local de Zamáns. Está dirixida exclusivamente para familias con fillos e fillas menores. Subirase a esta web máis información o vindeiro venres 27 de setembro. 

RUTA “PREGAMENTO DE CAMPODOLA” (29 setembro, gratuíta)

Proceso de inscrición:

👀  Dende luns 23 de setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

🏃 Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.

👉 No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

Detalles da ruta:

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30, para saír as 9:00. Hora finalización 19:00-20:00 (aprox)

👉 Aviso: pola tarde, de xeito opcional, está previsto poder visitar o Museo Xeolóxico en Quiroga (ver WEB do Museo) a partir das 16:00 en grupos de 25-30 persoas, facendo como máximo 3 grupos. A entrada ten un custe de 1 euro/persoa.

🗾 Trazado: 

Nota: en función da climatoloxía do día poderanse realizar cambios no trazado do percorrido durante a realización do mesmo.

🏃 Distancia, desnivel e dificultade dos percorridos según público de Camiño a Camiño: 

. Percorrido curto: 9,8 km; Dificultade media-baixa

Nota: Irase en autobús ata o Mirador do Pregamento de Campodola e logo baixarase en autobús ata o inicio da ruta marcado.

. Percorrido longo: 16,9 km; Dificultade alta

Nota: Contemplarase o Pregamento de Campodola dende o punto de inicio da ruta longa previsto.

Recomendacións xerais:

– Mochila con suxeción lumbar e con capacidade para llevar el equipamiento previsto, incluído a retirada de ropa se fai calor

– Botas de senderismo, a poder ser “domadas” para evitar rozaduras. É previsible atopar tramos con circulación de auga e barr ou esbaradizos. 

– Roupa cómoda e en varias capas para poder pór o sacar en función da climatoloxía. Usar camiseta técnica e evitarla de algodón. Levar capa de senderismo que cubra a mochila por se chove e gorra para protexerse da incidencia solar.

– Manutención para tomar tentempié a media mañana e para comer a mediodía. Na medida do posible incorporar froita e frutos secos e/ou barritas enerxéticas. Levar recipientes que se poidan ter a man para poder realizar pequenos tragos de cando en vez.

– Auga para todo o día (mínimo litro y medio) na medida en que non recomendamos coller auga nas fontes.

– Teléfono de contacto coa organización en ruta: 662 23 10 23