Unha ruta participativa para o tempo libre en Galicia

A Cooperativa de educación e lecer Aventeira desenvolve un proxecto europeo chamado Unha ruta participativa para o tempo libre en Galicia.
Esta iniciativa busca impulsar a participación activa da mocidade na vida democrática a través da xeración dun diálogo aberto para definir as políticas públicas de educación no tempo libre en Galicia. Está concibido por un grupo de cinco persoas mozas e conta co apoio técnico da cooperativa.

O proxecto comeza coa organización dos Eventos de Participación Territorial. Estes son espazos onde a mocidade traballadora e voluntaria e o persoal técnico e político das administracións públicas poderemos xuntarnos para falar, debater e definir liñas comúns de vivencia e concepción das actividades de educación no tempo libre. Ademais, servirá para reatoparnos e para desfrutar do lecer en común. Convocase un en cada provincia.

Evento de participación na provincia da Coruña
Terá lugar o día 20 de outubro na Casa de préstamo municipal Bastiagueiro , en Oleiros. 
10:30-11:00 Chegada e coñecemento do grupo
11:00-11:30 Presentación
11:30-14:30 Faladoiros, con descanso
15:00-16:00 Xantar
16:30-18:30 Actividade de lecer: iniciación ao surf con Son do Mar (alternativa de xogos de mesa na praia)
18:30-20:00 Café de avaliación e peche

Evento de participación na provincia de Pontevedra
Terá lugar o día 26 de outubro na Casa da Mocidade de Moaña.
10:30-11:00 Chegada e coñecemento do grupo
11:00-11:30 Presentación
11:30-14:30 Faladoiros, con descanso
15:00-16:00 Xantar
16:30-18:30 Actividade de lecer: iniciación aos deportes náuticos tradicionais – traíñas
18:30-20:00 Café de avaliación e peche

Evento de participación na provincia de Lugo
Terá lugar o día 9 de novembro na cidade de Lugo.
10:30-11:00 Chegada e coñecemento do grupo
11:00-11:30 Presentación
11:30-14:30 Faladoiros, con descanso
15:00-16:00 Xantar
16:30-18:30 Actividade de lecer: iniciación á escalada
18:30-20:00 Café de avaliación e peche

Evento de participación na provincia de Ourense
Terá lugar o día 16 de novembro no Espazo Xove de Ourense.
10:30-11:00 Chegada e coñecemento do grupo
11:00-11:30 Presentación
11:30-14:30 Faladoiros, con descanso
15:00-16:00 Xantar
16:30-18:30 Actividade de lecer: xogo de escapismo
18:30-20:00 Café de avaliación e peche


Por último, entre o 29 de novembro e o 1 de decembro do 2024 terá lugar o Encontro de Tempo Libre de Galicia, que se celebrará no Albergue Xuvenil As Sinas (Pontevedra).

Neste encontro, gratuíto e coa pernocta, a manutención e as actividades incluídas, haberá espazo para a convivencia, a formación, o coñecemento de boas prácticas e, por suposto, para as mesas de diálogo que permitan o intercambio de ideas, a reflexión colectiva e a xeración de conclusións.

Tamen podes participar enchendo un formulario con diferentes custións, así sumas a túa voz a un proceso participativo que rematará coa elaboración dunhas conclusións que se publicarán en aberto ao final do ano.

Ademais, entre as persoas que participen sortearase un bono de 60 euros para empregar na librería Lila de Lilith, en Santiago de Compostela.

Formulario

Máis información: https://aventeira.com/wp-content/uploads/2024/06/YPA-2024.pptx.pdf