A proposta de campos de voluntariado no estranxeiro procede directamente das organizacións internacionais que se integran na Alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo. Galicia participa na Alianza a través da representación que asume o Instituto de la Juventud de España, INJUVE, que é membro de pleno dereito da organización, en representación das comunidades e cidades autónomas de España. A Xunta de Galicia non ten competencia nin responsabilidade na organización dos campos de voluntariado no estranxeiro que se ofertan pola Alianza. Esta organización compete ás respectivas organizacións internacionais (membros da Alianza) promotoras dos distintos campos no estranxeiro. En consecuencia, a Xunta de Galicia non é responsable dos posibles incumprimentos ou cambios que a entidade estranxeira organizadora decida facer na súa programación nin dos conseguintes gastos que se poidan derivar, e no caso de calquera incumprimento ou deficiencia na prestación do servizo, deberá reclamarse directamente á asociación ou entidade estranxeira organizadora do campo. No obstante, desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (e desde o INJUVE), como intermediarios entre as persoas voluntarias e a entidade que promove o campo campo, estaremos á túa disposición para axudarche na reclamación.
+info: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/29603-campos-de-voluntariado-no-estranxeiro