Vigofem 2024

A Concellería de Igualdade informa do programa de actividades que, no marco do proxecto VIGOFEM, desenvolveranse na cidade durante a semana do 22 ao 25 de outubro.

VIGOFEM é un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres que, na súa segunda edición, comeza o martes 22 de outubro.

Durante unha semana do mes de outubro desenvolverase un programa cultural diverso, protagonizado por mulleres, que aspira a dar a coñecer, difundir e poñer no centro da historia e da sociedade, a creación das mulleres, sensibilizando e promocionando os valores de igualdade. Un espazo de reflexión e reivindicación con perspectiva de xénero. Este proxecto persegue crear referentes femininos para as xeracións presentes e futuras en todos os ámbitos ( artísticos, científicos, creativos, sociais, políticos, deportivos, etc) rescatando a moitas mulleres do esquecemento e reivindicando o lugar de todas no centro da historia para acadar recoñecemento e espazos de influencia.

Ten como finalidade a de crear, desde Vigo, e con proxección tanto local como nacional, un espazo onde avanzar nos principios de igualdade, onde difundir a cultura feminista e experimentar e impulsar a creatividade das mulleres, facendo visible a desigualdade de xénero na cultura dominante.

Programa 22 ao 25 de outubro:

.- Martes, 22 de outubro. FemARTV . ARTE VIVA

Exporanse seis obras de arte clásicas e tres actrices darán vida á protagonista feminina representada en cada obra, dándolle vida e voz e visibilizando e explicando como a representación da muller na arte e o papel que se lles atribuíu perpetúa os estereotipos e os roles que aínda hoxe perviven na sociedade.

Con Arantxa Treus, Grial Montes e Humi Donado

Textos de Isabel Blanco

Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe, 54

Hora de comezo: 19:30 h

Entrada libre ata completar a capacidade do local

.- Mércores, 23 de outubroCONCERTO PERFORMANCE A CARGO DE ESPERANZA MARA

Con Esperanza Mara, soprano e instrumentista especializada en música medieval

Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe,54

Hora de comezo: 20:30 h

Entrada libre ata completar a capacidade do local

.- Venres, 25 e outubro. Concerto do grupo “DE VACAS”

Hora de comezo: 21:00 h

Lugar: Porta do Sol*

*No caso de climatoloxía adversa este concerto realizarase no Cine Teatro Salesianos, Rúa Venezuela,3.  Entrada por orde de chegada e ata completar aforo.