V premios Valedora do Pobo en igualdade e dereitos das mulleres

A Valedora do Pobo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo convoca os V premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos
– Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
– Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
– Os traballos deberán ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2023/24.
– Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentasen en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.

Premios
– Premio ao mellor traballo fin de grao (TFG): 1.000 € e diploma acreditativo.
– Premio ao mellor traballo fin de máster (TFM): 1.000 € e diploma acreditativo.

prazo para presentar traballos estará aberto ata o 30 de novembro de 2024.
Máis información no DOG do 29 de outubro de 2024 e en www.valedordopobo.gal